O comité organizador do XXXVIII Congreso Internacional da Asociación de Jóvenes Lingüistas convida a todas as persoas interesadas a enviar as súas propostas de comunicación oral.
Cada investigador/a poderá enviar unha única proposta individual, se ben si poderá figurar en coautoría noutras propostas. Todas as persoas comunicantes terán que abonar a cota, incluídas aquelas que figuren como coautoras de propostas. Se un autor/a aparece en dúas comunicacións distintas, só terá que abonar a cota unha vez. A cota para as persoas comunicantes é de 50€ (dos que 5€ se destinarán á cota de membro da AJL). As persoas que envíen comunicación non deberán ter o título de doutor/a na data de envío de proposta.
As comunicacións terán unha duración total de 30 minutos: 20 minutos dedicados á exposición oral e 10 minutos reservados para a rolda de preguntas e comentarios.
PRAZO PARA O ENVÍO DE PROPOSTAS:
01 DE FEBREIRO DE 2024 – 15 DE MARZO DE 2024
PRÓRROGA PARA ENVÍO DE PROPOSTAS
ATA 29 DE MARZO DE 2024
PROCEDEMENTO E INDICACIÓNS para o envío de propostas:
O envío das propostas realizarase a través do seguinte formulario.
A proposta debe incluír:
i. o título da comunicación
ii. palabras chave (un máximo de 5)
iii. o texto da proposta (extensión máxima de 300 palabras)
iv. as referencias bibliográficas (formato APA última edición)
Para garantir o anonimato, no caso de que algunha das referencias bibliográficas reflicta a autoría do propio resumo, estas deberán ser substituídas por “AUTORX”.
O resumo pode ser enviado en calquera lingua da península ibérica e serán aceptadas tamén propostas en inglés.
As liñas temáticas aceptadas nesta edición son:
- Didáctica de linguas
- Ecolingüística
- Estudos de xénero
- Fonética e fonoloxía
- Linguas de signos
- Lingüística de corpus
- Lingüística diacrónica
- Morfoloxía
- Multilingüismo e contacto lingüístico
- Pragmática e discurso
- Psicolingüística
- Semántica e léxico
- Sintaxe
- Sociolingüística
- Tecnoloxías lingüísticas
- Tipoloxía lingüística
- Tradución e interpretación
- Variación e cambio lingüístico
A aceptación ou o rexeitamento das propostas será comunicado a partir do 3 de xuño de 2024.