Saltar ao contido

Información de interese

Na páxina web de Turismo de Santiago de Compostela encontraredes unha guía completa para planificardes a vosa visita. Ofrece información sobre aloxamentos, recomendacións de actividades turísticas, culturais e gastronómicas, así como detalles sobre turismo responsable e sostibilidade.

Aloxamento

Santiago de Compostela, como destino popular tanto para peregrinos como para turistas, ofrece unha ampla variedade de aloxamentos que van de albergues e pensións até hoteis de luxo. Porén, é recomendable reservar de forma anticipada. Aquí vos deixamos algunhas das opcións que podedes considerar:

Que ver en Santiago de Compostela

A cidade de Santiago de Compostela é o escenario perfecto para continuardes a experiencia do congreso fóra das paredes da Facultade de Filoloxía. Patrimonio da Humanidade desde 1985, este núcleo da peregrinación do cristianismo é un tesouro artístico, arquitectónico e histórico de valor incalculable. A tan só trinta minutos a pé entre os seus puntos máis afastados, as súas rúas estreitas, a súa pedra característica e os seus edificios convidan a perderse e transportarse a outros tempos, para sempre espertar diante dunha catedral que non deixa a ninguén indiferente. A cidade mantén intacta a súa esencia mentres mestura tradición e modernidade a través das súas propostas gastronómicas, a súa restauración e, especialmente, a súa rica e variada oferta cultural.

O patrimonio da cidade é tamén inmaterial, pois non podería entenderse sen a consideración e valoración da lingua galega: tesouro lingüístico e trazo distintivo e caracterizador dunha identidade cultural propia.

Deixámosvos algunhas recomendacións para aproveitardes e desfrutardes ao máximo a vosa visita: