Saltar ao contido

Inscrición para comunicantes (pechada)

Entre 12 de xuño e 12 de xullo de 2024 estará aberta a inscrición para comunicantes no XXXVIII Congreso Internacional da Asociación de Jóvenes Lingüistas. As persoas que recibiron un correo coa aceptación da súa proposta deberán inscribirse a través do seguinte formulario. A cota de inscrición é de 50€ (45€ de taxa do congreso + 5€ destinados ao pagamento da cota de socias da AJL). Se un/ha autor/a aparece en dúas comunicacións distintas, só terá que abonar a cota unha vez. O pagamento deberá realizarse por transferencia bancaria cos seguintes datos:

  • IBAN: ES71 0073 0100 5205 0586 9896
  • Beneficiario: Asociación de Jóvenes Lingüistas
  • Asunto: AJL24 + Nome + Apelido

É importante lembrar que a inscrición só estará formalizada unha vez enviado o xustificante de pagamento por correo electrónico a ajl.santiago@usc.gal.

Axudas para participación (pechada)

Lembrámosvos que a AJL ofrece axudas económicas tanto de tipo completo, incluíndo a inscrición, o transporte e aloxamento, como de tipo parcial, só para a inscrición. Toda a información e o formulario en cuestión están dispoñibles na páxina web oficial da AJL.

Devolución do importe da inscrición para comunicantes

A partir do día 19 de xullo o Comité organizador non devolverá o importe da inscrición agás con motivo xustificado ou por causa de forza maior. Nestes supostos quedará a decisión do Comité realizar a dita devolución.