A páxina web do congreso atópase agora no enderezo: https://ilg.usc.gal/ajlsantiago/
Benvida!
A Asociación de Jóvenes Lingüistas fomenta o intercambio de coñecementos no ámbito da lingüística ao organizar cada ano un destacado encontro internacional dirixido a investigadoras non doutoras (estudantes de grao, máster ou doutoramento). Así, comprácenos anunciar que a próxima edición se celebrará na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, do 16 ao 18 de outubro de 2024, nun formato presencial que promoverá o diálogo e a colaboración entre as persoas participantes.
Ante unha realidade lingüística diglósica enormemente complexa, consideramos que a riqueza lingüística do territorio ha de ser tamén motor e motivo de peso durante o próximo congreso. Deste xeito, esperamos poder ofrecer un programa variado e multilingüe, en que calquera lingua da península sexa obxecto de estudo, pero tamén vehículo de ciencia.
Esperamos con entusiasmo recibir a túa valiosa contribución e compartir xuntas esta experiencia única de aprendizaxe e intercambio académico!