Saltar ao contido

Localización

Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela

Campus Norte, Av. de Castelao, s/n, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña

Santiago de Compostela é unha cidade á que se pode chegar en tren, en avión en autobús ou en transporte privado.

  • As persoas que empreguen o avión como transporte chegarán ó aeroporto Rosalía de Castro, que está conectado coa cidade por autobús urbano (o prezo é de 1€) e taxi (a tarifa estipulada ata o centro de Santiago é de 23€).
  • As persoas que cheguen en tren ou en autobús chegarán á Estación Intermodal. A estación está próxima ó centro da cidade, mais atópase a uns 35 minutos a pé da facultade. Na estación é posible coller taxis e tamén hai paradas de autobús urbano próximas. Pódense consultar os horarios dos autobuses urbanos en Tussa, mais recomendamos o uso de aplicacións como Moovit ou Maisbus.  
  • Compostela é unha cidade pequena na que é posible moverse a pé sen necesidade de empregar transporte público sempre e cando o clima o permita. Porén, para as persoas que o precisen, recomendamos as liñas de autobús urbano 5 e 15 que conectan o Campus Norte (no que se atopa a nosa facultade) co resto da cidade.
  • Para as persoas que decidan empregar o seu vehículo privado, tanto na Facultade de Filoloxía coma nas inmediacións do edificio é posible atopar estacionamento de balde.

Con respecto á Facultade de Filoloxía,  consta dun único edificio separado en tres módulos. No andar 0, no módulo central, están localizadas a biblioteca, a cafetería, e unha área de descanso con asentos e máquinas expendedoras de bebidas. Tamén se accede desde este andar ó salón de graos e ó salón de actos, onde terán lugar algunhas das sesións do congreso. O resto de sesións celebraranse en aulas do módulo sur, ás que se pode acceder mediante escaleiras ou por ascensor.